Esta convocatoria ten por obxecto outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de programas, proxectos, actividades, investimentos e outros gastos correntes, levados a cabo polas entidades sen ánimo de lucro do Concello de Boqueixón, durante o ano 2021, coa finalidade de promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo.
Prazo de Xustificación: Dende o 15 ata o 28 de febreiro de 2022.
A presentación será a través do procedemento Achega de Documentación Complementaria coa documentación indicada na pestana de Documentación - Fase de Xustificación.
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:
Prazo. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña, segundo a Lei xeral de subvencións (artigos 17.3.b), 18 e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións (Resolución IGAE do 7, 9 e 10 de decembro de 2015).
Lugar. As solicitudes deberán presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Boqueixón (https://sede.boqueixon.com/opencms/es/) con acceso a través da web www.boqueixon.gal (Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas) achegando os formularios que figuran como anexos.
A mera presentación da solicitude suporá que o solicitante coñece e acepta as presentes bases de convocatoria
No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días naturais, arquivándose o expediente sen máis trámites de non efectuarse a mesma, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo de presentación: Dende o 15 ata o 28 de febreiro de 2022.
A xustificación da subvención concedida levarase a cabo mediante a presentación a través do procedemento Achega de Documentación Complementaria da conta xustificativa que deberá conter:
Nome: Solicitude de subvencións.
Unidade tramitadora: Departamento correspondente.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Xunta de Goberno.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.