Sede electrónica Concello de Boqueixón

01:21:20 Luns 5 de xuño 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2022

Esta convocatoria ten por obxecto outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de programas, proxectos, actividades, investimentos e outros gastos correntes, levados a cabo polas entidades sen ánimo de lucro do Concello de Boqueixón, coa finalidade de promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo.

Prazo de presentación: do 18 de agosto ata o 16 de setembro (ambos os dous incluídos).

O prazo de xustificación finalizará o 31 de xaneiro de 2023, excepto que se outorgue unha prórroga, antes da finalización do prazo e a instancia de parte.

Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 31 de xaneiro de 2023, excepto que se outorgue unha prórroga, antes da finalización do prazo e a instancia de parte.

Este prazo poderá ampliarse ata o 31 de marzo de 2023, como máximo; esta ampliación poderá realizarse a solicitude de persoa interesada, realizada antes do 31 de decembro de 2022, ou a proposta razoada da unidade xestora.

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica polo procedemento de aportación de documentación.

Documentación xustificativa

Para os efectos do indicado no artigo 31 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, considérase gasto efectivamente realizado o documentado segundo o indicado no seguinte parágrafo. É requisito necesario o pago con anterioridade á finalización do período de xustificación que se indica nesta base.

A xustificación da subvención concedida levarase a cabo mediante a presentación da conta xustificativa nos termos recollidos no artigo 28 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, segundo os modelos normalizados que se achegan e que, en todo caso, deberá conter:

a) Unha breve memoria do investimento / actividade realizados, obxecto de subvención (Anexo V).

b) Certificación do gasto que se xustifica, con especificación do importe total da/as factura/as e o importe imputado ao proxecto dos distintos conceptos de gastos subvencionables aprobados na solicitude (Anexo VI)

c) Declaración doutras axudas e ingresos obtidos para o mesmo obxecto.(ANEXO VII)

d) Certificado de non ter débedas coas Administracións Públicas con potestade tributaria e coa Seguridade Social emitido por estes organismos.

e) Facturas orixinais ou documentos equivalentes que deben cumprir os requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. Os datos mínimos que deberán conter son: identificación das persoas acredoras (nome da empresa, domicilio e NIF/CIF), n.º de factura ou documento equivalente, data de emisión, importe con impostos desagregados, data de pago (cando proceda) e o concepto detallado do gasto.

  • Os beneficiarios/as das subvencións teñen que utilizar, con carácter xeral, formas de pago a terceiros que podan acreditarse documentalmente (tarxetas de crédito ou débito, talóns nominativos, transferencias bancarias, etcétera).
  • Os xustificantes bancarios de pago deberán indicar: emisor e receptor do pago, número de factura obxecto de pago e data do mesmo.
  • Só se admiten pagos en metálico cando non sexa posible outra forma alternativa e en todo caso para gastos non superiores a 150 €. Cando a factura sexa pagada en efectivo, deberá aparecer na mesma a indicación “Pago” ou “Recibín”, data  e sinatura e DNI de quen recibe o pagamento.
  • Cando a factura sexa pagada mediante transferencia bancaria, cheque ou tarxeta deberá achegarase o correspondente xustificante que xustifique o ingreso na conta do Beneficiario/a.

f) Acreditación da realización das actividades/investimentos mediante memoria fotográfica (de ser o caso) e publicidade do financiamento público por parte do concello mediante os medios que se estimen oportunos.

g) Calquera outra documentación que sexa requirida pola Intervención municipal para a correcta xustificación da subvención.

Logo do preceptivo informe de comprobación  do cumprimento dos requisitos indicados nas bases reguladoras   e do informe  de fiscalización do órgano interventor, ditarase a resolución de aprobación da conta xustificativa ou, se é o caso, de anulación e perda do dereito ao cobro.

Emitida resolución de pagamento, a tesourería preparará a orde de transferencia correspondente na conta bancaria designada pola entidade beneficiaria.

O pagamento das subvencións efectuarase nun prazo máximo de 3 meses desde a súa correcta xustificación mediante transferencia bancaria ao número de conta facilitado pola entidade.

Entenderase formulada renuncia á subvención concedida por aquelas entidades que sendo beneficiarias non presenten dentro do prazo sinalado a xustificación da subvención.

Nome: Solicitude de subvencións a entidades sen ánimo de lucro.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.