O procedemento de axudas a prol da natalidade no concello de Boqueixón ten por obxecto:
As axudas poderán ser solicitadas polos pais/nais ou titores/as das nenas e nenos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, que reúnan os seguintes requisitos:
Este requisito de empadroamento tense que cumprir na data en que se presenta a solicitude desta axuda, e os proxenitores deberán comprometerse a permanecer empadroados no Concello de Boqueixón, do mesmo xeito que a unidade familiar, un período mínimo de 3 anos a contar desde a presentación da solicitude de axuda.
Entenderase por unidade familiar, a efectos destas axudas, a formada polo pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e protección da/o menor. Tamén se considerará como membros da unidade familiar as parellas do pai, nai, titor/a do neno/a, sempre que convivan no domicilio familiar, así como os/as irmáns menores de idade do recén nado/a ou os maiores de idade que dependan economicamente dos seus pais ou titores. A estes efectos, considérase o domicilio familiar das nenas ou nenos beneficiarios/as o que figura no padrón de habitantes.
Estas circunstancias poderán ser comprobadas en calquera momento polo Concello solicitando os informes que procedan.
As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas ante o Concello de Boqueixón:
PERÍODOS NACEMENTOS |
PLAZO SOLICITUDE AXUDA |
DATAS DE FACTURACIÓN ADMITIDAS |
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN |
Entre 01/01/2021 e a data de publicación do extracto no BOP |
15 días naturais a partir do día seguinte de publicación no BOP |
dende a data de nacemento do neno ata o 15/12/2021 |
Límite o 15/12/2021 |
Entre o día seguinte á publicación do extracto no BOP ata o 31/12/2021 |
15 días naturais a partir do día seguinte á data de nacemento do neno |
dende a data de nacemento do neno ata o 20/01/2022 |
Límite o 20/01/2022 |
Para a presentación das solicitudes electrónicas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica.
O prazo de presentación e dende o 1 de outubro de 2021 ata o 16 de xaneiro de 2022 (ambos incluídos).
O prazo máximo de xustificación e ata o 15 decembro/20 de xaneiro de 2022, según o caso (se realizará a través do procedemento de Achega de Documentación).
A documentación complementaria achegarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
A presentación da solicitude comportará a autorización ó órgano xestor para a comprobación automática dos datos que constan nela ante os organismos ou entidades correspondentes.
No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Nome: Solicitude de axudas a prol da natalidade.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.