Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para ou servizo de conciliación semana santa activa 2026.
Pulse o enlace para máis información.
Adxudicación de prazas e pagamento das cotas
Prazas: 25
As prazas adxudicaranse de forma directa por orde de inscrición ata completar o número de prazas dispoñibles. Terán prioridade as persoas empadroadas en Boqueixón e rapazada matriculada nun centro educativo de Boqueixón (que o acredite).
No caso de existir maior número de solicitudes de participantes que de prazas ofertadas, adxudicaranse as prazas por sorteo.
A comunicación da adxudicación de prazas será publicada na páxina web do Concello de Boqueixón, antes do inicio da actividade.
A obrigación de pago do prezo público nace no momento da formalización da inscrición na actividade.
Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Familias de menores con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Preferencias primeiramente para as persoas empadroadas no Concello de Boqueixón e logo para menores matriculados nun centro educativo do concello de Boqueixón.
As solicitudes se presentarán preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben no Rexistro Xeral do Concello.
O prazo de presentación de instancias será ata o 25 de Marzo de 2026.
Nome: Solicitude de inscrición Semana Santa Activa 2026.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: No se contempla.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.
Taxas/impostos: indicadas nas bases.
Canles de atención: Telemática (preferente)
Presencial no Rexistro do Concello.