Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para o servizo de Tardes Educativas e de Lecer de Boqueixón.
Información sobre servizos de Tardes Educativas e de Lecer 2025/2026
Adxudicación de prazas e pagamento das cotas
Prazas: 25 (Tardes Educativas e de Lecer)
As prazas adxudicaránse de forma directa por orde de inscrición ata completar o número de prazas dispoñibles. Terán prioridade as persoas empadronadas en Boqueixón e rapazada matriculada nun centro educativo de Boqueixón.
No caso de existir maior número de solicitudes de participantes que de prazas ofertadas, adxudicaranse as prazas por sorteo.
A comunicación da adxudicación de prazas será publicada na páxina web do Concello de Boqueixón, antes do inicio da actividade.
A obrigación de pago do prezo público nace no momento da formalización da inscrición na actividade.
Realizarase dito pagamento con carácter bimestral e mediante domilización bancaria.
Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Familias de rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Preferencias persoas empadronadas no Concello de Boqueixón e rapazada matriculada nun centro educativo de Boqueixón.
As solicitudes se presentarán preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben no Rexistro Xeral do Concello.
O prazo de presentación de instancias será ata o 19 de xunio de 2026.
Nome: Solicitude de inscrición do Tardes Educativas e de Lecer Boqueixón 2025-26.
Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: No se contempla.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.
Taxas/impostos: indicadas nas bases.
Canles de atención: Telemática (preferente) e presencial no Rexistro do Concello.