Sede electrónica Concello de Boqueixón

01:10:39 Xoves 30 de xullo 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude inscrición Tardes Educativas e de Lecer Boqueixón 2026-2027

Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para o servizo de Tardes Educativas e de Lecer de Boqueixón.

Información sobre servizos de Tardes Educativas e de Lecer 2026/2027

Adxudicación de prazas e pagamento das cotas

Prazas: 30 (Tardes Educativas e de Lecer)

Serán destinarias/os dos servizos de conciliación e por orden de preferencia:

  • Rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e cuxos proxenitores/as e /ou titoras/es legais estean empadroados/as en Boqueixón (mínimo 3 meses de antigüidade).
  • Rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e que estean escolarizados nun centro educativo do concello de Boqueixón.
  • Rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, e que desfruten de períodos vacacionais coas súas familias extensas empadroadas en Boqueixón.
  • Rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e cuxos proxenitores/as e/ou titoras/es legais estean empregados en entidades públicas, privadas ou empresas do Concello de Boqueixón.

No caso de existir maior número de solicitudes de participantes que de prazas ofertadas, adxudicaranse as prazas por sorteo.

A comunicación da adxudicación de prazas será publicada na páxina web do Concello de Boqueixón, antes do inicio da actividade.

A obrigación de pago do prezo público nace no momento da formalización da inscrición na actividade.

Realizarase dito pagamento con carácter bimestral e mediante domilización bancaria.

Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

As solicitudes se presentarán preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo de presentación de instancias será dende o 29 de Xullo ata o 27 de Agosto de 2026.

  • Solicitude de inscrición no programa.
  • Documentación xustificativa que se ten que achegar xunto coa solicitude:
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor.
    • De ser o caso, informe médico do/da menor no que se reflictan alerxias, intolerancias, enfermidades específicas, discapacidades ou calquera outro incidente que teña que ser atendido individualmente.
    • Certificado de estar a/o menor escolarizado nun centro educativo do concello de Boqueixón.
    • Certificado de empadroamento conxunto no concello de Boqueixón respecto da familia extensa.
    • Cabeceira da nómina da/do solicitante no que figure que está contratada/do por entidade pública, privada ou empresa ubicada no concello de Boqueixón.

Nos supostos nos que se solicite bonificación:

  • Declaración da renda do 2025 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala (Obrigatoria nos supostos de solicitar bonificacións) respecto daqueles casos nos que se solicite exención ou bonificación para os participantes e os segundos e terceiros e sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo.
  • Documentos acreditativos de situación de emerxencia social, familia vítima de violencia de xénero, ou outras situacións que previa valoración técnica do dpto de Servizos Socias/Centro de Información á Muller, poidan dar lugar a exención ou bonificación nos servizos de conciliación.

Prazo de solicitude

Ata completar as prazas ofertadas.

Nome: Solicitude de inscrición do Tardes Educativas e de Lecer Boqueixón 2026-27.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: No se contempla.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.

Taxas/impostos: indicadas nas bases.

Canles de atención: Telemática (preferente) e presencial no Rexistro do Concello.