Sede electrónica Concello de Boqueixón

17:37:44 Luns 27 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición Verán Activo 2026

Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para ou servizo de conciliación Verán activo 2026. 

Pulse a ligazón para máis información. 

Adxudicación de prazas e pagamento das cotas

Prazas:  45 prazas no mes de xuño, 120 prazas no mes de xullo, 60 prazas no mes de agosto e 25 prazas no mes de setembro de 2026.

O procedemento de confirmación de prazas é o seguinte:

  • Listaxe provisional de admitidas/dos: unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase na web municipal a listaxe provisional de admitidas/ dos e de excluídos/das.
  • Plazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe provisional disporase de 3 días naturais para presentar alegacións.
  • Listaxe definitiva de admitidas/dos: publicarase na web municipal transcorridos 5 días naturais desde o remate do prazo de alegacións.

Cabe a posibilidade de matricularse por días soltos ou por semanas, no caso de existir prazas vacantes, con preaviso de tres días, por escrito e sempre que existan prazas dispoñibles.

No caso de existir maior número de solicitudes de participantes empadronadas/dos no Concello de Boqueixón ou matriculados/das nun centro educativo de Boqueixón, adxudicaranse as prazas por sorteo.

A obrigación de pago do prezo público nace desde o momento da formalización da inscrición na actividade.

No servizo do Verán Activo o pago poderá realizarse nun pago único ou fraccionado por quendas. O importe correspondente será ingresado polas persoas usuarias ou beneficiarias na conta do concello cunha antelación de 10 días antes do comezo da actividade, especificando en concepto o nome, apelidos e quenda na que participa.

Número de conta do Concello de Boqueixón: ES68 2080 0320 2531 1000 0666.

O xustificante bancario do aboamento do servizo verán activo deberá presentarse no departamento do Centro de Información á Muller, do Concello de Boqueixón ou a través do correo electrónico cim@boqueixón.com.

Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

As solicitudes se presentarán preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo de presentación de instancias será ata o 8 de MaIo de 2026.

  • Solicitude de inscrición no programa.
  • De non estar empadroadas/dos no Concello de Boqueixón os proxenitores, titores ou representantes legais das/dos participantes, achegaran acreditación de que os menores participantes nas actividades de conciliación están escolarizados nun centro educativo do Concello de Boqueixón.
  • Última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou non seu defecto, certificado emitido pola delegación de facenda que avale a súa non presentación.
  • Título de familia numerosa ou certificado de familia monoparental, se é o caso.
  • No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia do/da menor e as pensións compensatorias que perciba o cónxuge que a ostente e de alimentos dos/das fillos/as o seu cargo. No caso de que non as percibiren acreditar esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.
  • Informe do Servizos Sociais, nos supostos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar.
  • Informe do CIM, nos supostos que sexa necesario por razón da especial situación sociofamiliar.

Nome: Solicitude de inscrición Verán Activo 2026.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: No se contempla.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.

Taxas/impostos: indicadas nas bases.

Canles de atención: Telemática (preferente)

                                  Presencial no Rexistro do Concello.