Sede electrónica Concello de Boqueixón

22:04:33 Martes 15 de setembro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2026

Prazo de Xustificación Aberto

Xustificar

(on line)

Estas axudas teñen por obxecto a realización de actividades que complementen ou suplan os servizos atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses do municipio.

Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira non dubidosa respondan á natureza da actividade subvencionada, se realicen no prazo establecido, e se axusten aos criterios que figuren expresamente na convocatoria. Enténdese para estes efectos como gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na convocatoria.

As solicitudes, en modelo oficial facilitado polo Concello, e demais documentos presentaranse na Sede Electrónica do concello de Boqueixón.

O prazo para solicitar e do 6 de maio ao 6 de xuño de 2026.

O prazo para presentar a xustificación e ata o 15 de novembro de 2026.

  • Solicitude de subvención.
  • Anexo I. Declaración reponsable.
  • Anexo II. Proxecto de actividade.
  • Certificación IBAN de conta bancaria, no caso que non fora presentado en anteriores convocatorias ou se produciran cambios.
  • Fotocopia dos estatutos e CIF entidade, no caso que non foran presentados en anteriores convocatorias.
  • Certificación de estar ao corrente coas obrigas tributarias ante a Seguridad social, AEAT e ATRIGA (só no caso de non autorizar consulta).

Información sobre a Xustificación da Subvención

Debe unha vez aberto o prazo de Xustificación, realizarse mediante o procedemento de Aportación de Documentación coa seguinte documentación:

  • Solicitude da xustificación.
  • Anexo III   - Declaración responsable.
  • Anexo IV  - Memoria económica.
  • Anexo V   - Memoria xustificativa da actividade subvencionada.
  • Documentos xustificativos dos gastos (facturas, xustificantes do pagamento, nóminas, etcétera).
  • Acreditación da publicidade.

Nome: Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2026.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).