Sede electrónica Concello de Boqueixón

00:34:03 Martes 17 de marzo 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición do Madruga Boqueixón 2025-26

Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para o servizo de Madruga Boqueixón.

Información sobre servizos de Madruga Boqueixón 2025/2026

Adxudicación de prazas e pagamento das cotas

Prazas: 15 (Madruga Boqueixón)

As prazas adxudicaránse de forma directa por orde de inscrición ata completar o número de prazas dispoñibles. Terán prioridade as persoas empadronadas en Boqueixón e rapazada matriculada nun centro educativo de Boqueixón.

No caso de existir maior número de solicitudes de participantes que de prazas ofertadas, adxudicaranse as prazas por sorteo.

A comunicación da adxudicación de prazas será publicada na páxina web do Concello de Boqueixón, antes do inicio da actividade.

A obrigación de pago do prezo público nace no momento da formalización da inscrición na actividade.

Realizarase dito pagamento con carácter bimestral e mediante domilización bancaria.

Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

As solicitudes se presentarán preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón ou ben no Rexistro Xeral do Concello.

O prazo de presentación de instancias será ata o 19 de xunio de 2026.

  • Solicitude de inscrición no programa.
  • Título de familia numerosa ou certificado de familia monoparental, se é o caso.
  • De non estar empadronadas/dos no Concello de Boqueixón os proxenitores, titores ou representantes legais das/dos participantes, achegarán acreditación de que os menores participantes nas actividades de conciliación están escolarizados nun centro educativo do Concello de Boqueixón.
  • Última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou non seu defecto, certificado emitido pola delegación de facenda que avale a súa non presentación.
  • No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia do/da menor e as pensións compensatorias que perciba o cónxuge que a ostente e de alimentos dos/das fillos/as o seu cargo. No caso de que non as percibiren acreditar esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.
  • Informe do Servizos Sociais, nos supostos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar.
  • Informe do CIM, nos supostos que sexa necesario por razón da especial situación sociofamiliar.

Nome: Solicitude de inscrición do Madruga Boqueixón 2025-26.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: No se contempla.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / contencioso – administrativo.

Taxas/impostos: indicadas nas bases.

Canles de atención: Telemática (preferente) e presencial no Rexistro do Concello.