Permite presentar electrónicamente a solicitude de participación nas diferentes actividades de conciliación.
Os pais/nais ou titores/as de nenas e nenos que desexe inscribirse nunha actividade de conciliación xestionada pola corporación municipal.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Documentación xustificativa da situación familiar
Documentación xustificativa da situación económica
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou achega os documentos necesarios, con indicación de que se non o fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.