Sede electrónica Concello de Boqueixón

13:33:42 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións ás comisións organizadoras de festas patronais e populares 2022

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto destas bases é contribuír á reactivación económica, á xeración de recursos económicos e á promoción e mantemento do emprego, no sector empresarial do mundo do espectáculo e movemento cultural, e en concreto, do sector das orquestras e verbenas, que por tradición se veñen celebrando en emprazamentos ao aire libre no termo municipal de Boqueixón, para contratar orquestras para as ditas festas patronais e populares.

Prazo de solicitude: dende o 7 ata o 25 de novembro de 2022.

As solicitudes deberán ser presentadas a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón na seguinte ligazón https://sede.boqueixon.com/gl/procedimientosytramites/index.html#subvenciones

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante 15 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria de subvencións no BOP.

As instancias presentaranse e formalizaranse mediante unha solicitude xeral acompañada da seguinte documentación:

  • Solicitude de subvención asinada dixitalmente polo presidente/a da comisión, achegando copia do DNI do representante e copia do CIF da comisión ou asociación organizadora dos festexos (Anexo I).
  • Proxecto-memoria descritiva da festa para a que se solicita a axuda para a contratación obxecto deste programa, asinada dixitalmente polo presidente da comisión e no que se incluirá a denominación da orquestra a contratar ou que xa foi contratada, no caso de que na data de solicitude xa tivera lugar a verbena popular e orzamento desagregado de gastos (Anexo II).
  • Aquela documentación que acredite que a orquestra contratada ou que se pretende contratar reúne os requisitos recollidos nestas bases.
  • Declaración xurada asinada dixitalmente da persoa asinante da solicitude de que reúne os requisitos non contravir o regulado nos artigos 13 e 10 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e de se obtivo ingresos ou solicitou doutro organismo algunha subvención para a realización dos mesmos programas e actividades e a contía (Anexo III).
  • Acreditación ou autorización para consulta de datos do solicitante de non ter débedas co concello de Boqueixón, coas Administracións Públicas con potestade tributaria e coa Seguridade Social. Declaración de que a entidade está ao corrente das súas obrigas tributarias, estatais, autonómicas, con concello e coa Seguridade Social (Anexo III).
  • Declaración responsable asinada dixitalmente de que as orquestras a contratar se lles esixirán os requisitos recollidos na base cuarta destas bases reguladoras, sen prexuízo de ter que presentar a documentación pertinente no caso de ser esixida (Anexo III).
  • Certificación asinada dixitalmente pola persoa que exerza as funcións de secretario/a e presidente/a da asociación sobre a composición da actual Xunta Directiva da comisión/asociación con expresión de nome, DNI e cargo que ocupa (Anexo IV).

Nome: Solicitude de subvencións ás comisións organizadoras de festas patronais e populares 2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.