Estas bases teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico das subvencións ás entidades e grupos de música tradicional do Concello de Boqueixón co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música e o folclore local no termo municipal de Boqueixón durante o ano 2025.
Gastos subvencionables
Participación dos grupos de música e baile tradicional nas distintas festividades e eventos das parroquias de Loureda, Lamas, Vigo, Gastrar, Boqueixón, Oural, A Granxa, Ledesma , Pousada, Donas, Sucira, Sergude, Lestedo e Codeso, todas elas no Concello de Boqueixón, sempre que non sexan organizados polo propio concello.
Poderán participar na convocatoria as entidades e grupos de música e/ou baile tradicional galego que cumpran os seguintes requisitos no momento de presentar a solicitude:
As solicitudes, en modelo oficial facilitado polo Concello, e demais documentos presentaranse na Sede Electrónica do Concello de Boqueixón.
O prazo de presentación será do 11 de Setembro ao 10 de Outubro de 2025.
O prazo de xustificación da subvención rematará o 15 de novembro de 2025.
O período de execución comprenderá do 1 de xaneiro a 15 de novembro do ano a que fai referencia a convocatoria de concesión de subvencións, con independencia da data na que se conceda a subvención e se faga efectivo o pago.
A persoa ou entidade beneficiaria estará obrigada a xustificar documentalmente o cumprimento das condicións impostas e a aplicación dos fondos recibidos, a través do procedemento de Achega de documentación.
O importe a imputar na xustificación será o total da subvención concedida.
Documentación
Nome: Solicitude de subvencións do programa PONLLE MÚSICA 2025.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).