Sede electrónica Concello de Boqueixón

20:55:11 Venres 27 de febreiro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Licenza tenza animais potencialmente perigosos

Presentarase a titulo persoal, e a súa obtención será previa á adquisición dun animal considerado como potencialmente perigoso pola normativa de aplicación. No caso de que o animal fose considerado como potencialmente perigoso con posterioridade a súa adquisición por razóns de conduta, o dono ou a dona dispón do prazo dun mes para iso desde o momento desta consideración.

A Licenza terá un período de validez de cinco anos, podendo ser renovada por períodos sucesivos de idéntica duración mediante unha nova presentación da documentación requirida e debidamente actualizada. Calquera variación dos datos que figuran na licenza, deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince días hábiles, contados desde a data en que se produza a dita modificación.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Certificado que acredite a situación sanitaria do animal potencialmente perigoso  expedido polos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma ou veterinario colexiado.
  • Xustificante da solicitude de inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC).
  • Xustificante de ingreso da taxa por prestación de servizos especiais de expedición de licenza por tenza de animais potencialmente perigosos, na conta bancaria do concello.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requerirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que se non o fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Licencia tenencia animais potencialmente perigosos

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Tasas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.