Sede electrónica Concello de Boqueixón

15:40:11 Xoves 24 de abril 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxeta de armas

Toda persoa que posúa unha arma de categoría 4ª, segundo dispón o Regulamento de armas, para poder levala e usala deberá acompañala da tarxeta de armas.

A tarxeta será concedida e retirada, no seu caso, por o/a Alcalde/sa do municipio no que se atope aveciñada ou residindo a persoa solicitante.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para representala (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Certificado de aptitudes psicofísicas da persoa solicitante.
  • Fotocopia da factura ou albará que acredite a propiedade e características da arma, indicando expresamente, marca, modelo, tipo, categoría, calibre e numero de serie (no caso de renovación só fotocopia da tarxeta anterior).
  • Certificado de antecedentes penais. No caso de que a persoa solicitante sea un/unha menor, o certificado referirase á persoa que ostente a patria potestade ou tutela.

Nome: Solicitude de tarxeta de armas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Unidade xestora: Secretaria.

Prazo de tramitación: 1 mes.

Tipo de interesado: Persoa física.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.