Estas axudas teñen por obxecto a realización de actividades que complementen ou suplan os servizos atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses do municipio.
Poderán acceder á condición de beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:
As solicitudes, en modelo oficial facilitado polo Concello, e demais documentos presentaranse na Sede Electrónica do concello de Boqueixón.
O prazo de presentación será do 19 de xuño ao 19 de xullo.
O prazo de xustificación da subvención será como data límite o 15 de novembro de 2024 agás aquelas solicitudes cuxo obxecto se realice necesariamente no último trimestre do ano en curso que poderán presentala ata o 31 de xaneiro de 2025.
Para a Xustificación en caso de realizalo a través da sede electrónica, será por o trámite achega de documentación.
Xustificación, lugar e prazos de presentación
A persoa ou entidade beneficiaria estará obrigada a xustificar documentalmente o cumprimento as condicións impostas e a aplicación dos fondos recibidos.
O importe a xustificar será o total do proxecto ou acción subvencionada. No caso de que a xustificación presentada non acade o 100 % do proxecto adxudicado, a subvención reducirase proporcionalmente.
O importe a imputar na xustificación será o total da subvención concedida.
Documentación
Lugar e prazo presentación
Toda a documentación presentarase na Sede Electrónica do Concello de Boqueixón, dentro do prazo de xustificación da subvención e como data límite o 15 de novembro de 2024 agás aquelas solicitudes cuxo obxecto se realice necesariamente no último trimestre do ano en curso que poderán presentala ata o 31 de xaneiro de 2025.
Nome: Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2024.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).