Sede electrónica Concello de Boqueixón

11:02:55 Sábado 21 de xuño 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

Estas axudas teñen por obxecto a realización de actividades que complementen ou suplan os servizos atribuídos á competencia municipal ou que, en xeral, contribúan ao fomento dos intereses do municipio.

Consideraranse gastos subvencionables aqueles que de maneira non dubidosa respondan á natureza da actividade subvencionada, se realicen no prazo establecido, e se axusten aos criterios que figuren expresamente na convocatoria. Enténdese para estes efectos como gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na convocatoria.

As solicitudes, en modelo oficial facilitado polo Concello, e demais documentos presentaranse na Sede Electrónica do concello de Boqueixón.

O prazo de presentación será dun (1) mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 

  • Solicitude de subvención.
  • Anexo I. Declaración reponsable.
  • Anexo II. Proxecto de actividade.
  • Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da subvención.
  • Certificación do Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia acreditativa da representación da entidade.
  • Certificado IBAN (excepto si foi presentado en convocatorias anteriores e non sufríu variación).

Nome: Solicitude de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2025.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).