Sede electrónica Concello de Boqueixón

03:24:25 Sábado 7 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: 1 - 31 de marzo

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 3.3.4 da Ordenanza Reguladora.

Documentación xustificativa da situación familiar:

  • Libro de familia.
  • Documento de identidade do pai, nai, titores/as ou representantes legais.
  • Titulo de familia numerosa se é o caso.
  • No caso de non estar empadroado/a no concello, pero algún/ha dos/as proxenitore/as do/a neno/a teña o seu posto de traballo no concello achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
  • A condición de familia monoparental acreditarase co libro de familia, copia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.

Documentación xustificativa da situación económica e laboral.

  • Última nómina ou no suposto de profesionais liberais ou autónomos último recibo de pagamento da cota da seguridade social ou certificado da mutualidade profesional
  • Última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto, certificado emitido pola delegación de facenda que avale a súa non presentación.
  • No suposto de percibir pensióncertificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma.
  • No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia do/a menor e as pensións compensatorias que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as o seu cargo. No caso de que nos as percibiren acreditarse esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.

Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación.

  • Certificación expedida polo INEM acreditativa das prestacións percibidas de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego.
  • Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou socio-familiar.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia socio-familiar alegada. 

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.