Esta convocatoria ten por obxecto outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento de programas ou proxectos de actividades e investimentos, levados a cabo polas entidades sen ánimo de lucro do concello de Boqueixón, coa finalidade de promover e dinamizar a participación activa da veciñanza e do tecido asociativo.
Poderán acceder á condición de beneficiarias as entidades privadas sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos:
Prazo.
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais a computar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP. (dende o 2 ata o 31 de Agosto)
Lugar.
As entidades interesadas en participar nesta convocatoria deberán presentar unha única solicitude a través da Sede electrónica do concello de Boqueixón (https://sede.boqueixon.com/sxc/es/procedimientosytramites/index.html#subvenciones) con acceso a través da web www.boqueixon.gal (Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das Administracións Públicas).
- Certificado de non ter débedas coas Administracións Públicas con potestade tributaria e coa Seguridade Social emitido por estes organismos ou autorización para consulta.
- Estatutos da entidade.
- DNI da persoa representante legal da asociación.
- CIF da asociación.
- Certificado do IBAN da entidade solicitante.
- Orzamento detallado de gastos e expresión de todas as axudas públicas ou privadas, solicitadas ou obtidas para a mesma finalidade.
- A documentación relativa aos apartados b,c,d, e non será necesaria no caso de habela presentado na convocatoria anterior e non sufrira variación.
Nome: Solicitude de subvencións a entidades sen ánimo de lucro.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.